Inicio Eventos y Actualidad Ocio y Cultura Servicios y Compras Polavila
 
El blog de Amparo Grandío 24 de mayo de 2011

TriÁngulo dos Trasnos

Desde sempre, os seus habitantes escoitaban música que saía das pedras, sobre todo pola noite; xa que de día cos sons propios da aldea, esta pasaba desapercibida.

Esto contoumo Pepín de Farrucón:

… e os nenos de Bogo e Sampaio cando se xuntaban cos de Vilarxubín, falabamos dos ananos que, cando xa caseque nos era imposible abrir os ollos, irrompían nos nosos cuartos, inquedos e revoltosos… algúns coxeaban dunha perna, outros trasegaban con auga… recordo que un mexaba no ouriñal que tiña embaixo da cama… pero sempre, sempre víñannos ver cando o raio de lúa entraba pola xanela…

Os nenos nunca nada dixeran aos maiores destas festas nocturnas, era unha especie de pacto infantil… ¡¡¡nunca se sabe como van responder!!! e ó fin… aos cativos gustáballes ter eses amigos nocturnos, e xuntarse ao saír da escola a contar as trasnadas que lles aconteceran pola noite.

Estes nenos agora xa son homes e mulleres. Fai anos que uns saíron da aldea, ou non… e algúns dos que marcharon tiveron que volver, ou así o quixeron… pero tódolos anos xúntanse varias veces no Triándulo dos Trasnos… e traen gaitas, acordeóns, percusión… e os fan soar ó compás da música das pedras…

Seguía Pepín decíndome a outra noite: “son entre trasnos e nuberus, mimetízanse cos bosques e dependendo do seu estado de ánimo, poden facer que un día soleado se converta noutro tormentoso nun instante, lanzando raios e centellas…

O día 14 debían estar de bo humor… porque foi perfecto.

  ... volver
 
© Vicente Ansola Trueba (vicente@ospobosdasneboas.es). Todos los derechos reservados. Prohibida la reproducción y el uso de los contenidos sin el permiso escrito.